TITORÍAS

             Os pais/nais dos alumnos/as poden solicitar entrevistas cos titores/as a través da Axenda. Estas entrevistas recoméndase que se soliciten coa suficiente antelación para que deste xeito, os titores teñan o tempo suficiente para pedir información sobre o alumno/a a todos os profesores.

FUNCIÓNS DO TITOR/A

CON REFERENCIA AO ALUMNADO:

  1. Dar ao principio do curso, aos seus alumnos/as, toda a  información precisa a través da Axenda.

  2. Facilita-la integración do alumno/a no grupo con actividades de Titoría e fomentar a súa participación nas actividades do Centro.

  3. Coñecer ao alumno/a, as súas circunstancias de expediente, a súa situación familiar e escolar e a repercusión no seu rendemento escolar e reflectilo no Caderno do Titor.

  4. Seguimento, alomenos unha vez ao trimestre, con todos os profesores do seu curso, do proceso de ensinanza-aprendizaxe de cada alumno/a, e recomendar as respostas Pedagóxicas axeitadas.

  5. Recolle-las necesidades dos alumnos/as e comunicalas ao Xefe de Estudos, quen se encargará de organizar as actividades de reforzo.

  6. Orientar os alumnos/as de maneira directa e inmediata no seu proceso formativo.

  7. Controlar todas as incidencias da súa aula a través do parte diario, reflectilas no caderno do Titor e informar aos Pais a través da Axenda Escolar.

  8. Coordina-los traballos extra dos alumnos do seu grupo.

  9. Mediar perante os Profesores, alumnado e Equipo Directivo, nos problemas que se plantexen.

CON REFERENCIA AOS PAIS/NAIS:

  1. Informar aos Pais/Nais das actividades docentes e sobre o rendemento académico do alumno/a a través da Axenda Escolar, por medio de circulares ou reunións.

  2. Participar nas reunións de inicio de curso explicando os Proxectos do Centro.

  3. Implicar ás Familias nas Actividades de Apoio e Aprendizaxe dos seus fillos/as.

  4. Toma-la iniciativa de reunirse cos pais/nais dos alumnos/as cando estes teñan máis de dúas áreas suspensas.