BENVIDOS AO COLEXIO SANTIAGO APÓSTOL!

 

Queridos pais:

 

O novo curso 17-18 dará comezo o luns 11 de setembro.

Na primeira semana teremos, para os alumnos/as de 3 anos, un período de adaptación co seguinte horario:

· Luns, día 11,  de 10 a 12.

· Martes, día 12, de 10 a 12:30.

· Mércores, día 13, de 10 a 13.

A partires do xoves, día 14, o horario será, de mañá, das 9 ata as 14:00.

Se algún pai ten problemas co horario falará coa profesora na reunión de inicio de curso que terá lugar o mércores día 6 de setembro ás 6 da tarde. A esta reunión deben asistir sen os seus fillos.

 

No mes de setembro haberá servizo de comedor escolar. Asistirán a clase con uniforme. O uniforme, o mandilón e o chándal atópanse á venda no Corte Inglés. Toda a roupa debe vir marcada (bordada) co nome e apelido do alumno/a.

 

Recibamos con ilusión e ledicia o comezo dunha etapa fundamental na vida dos voso fillos/as. Agardamos a vosa colaboración para que todos xuntos fagamos realidade o noso obxectivo principal: ¡Que o neno/a sexa feliz!

 

                                         ¡Vémonos axiña!

 

                        Un saúdo. A profe de Educación Infantil 3 anos.