COMEDOR ESCOLAR

 Os alumnos/as que fan uso deste servizo deben ter en conta o seguinte:

O servizo de comedor funcionará de outubro a xuño.

O prezo deste servizo cobrarase a comezos de cada mes. O seu custo para o curso 18/19 será de 105 € para os alumnos/as fixos e de 6 €/día para os non fixos que aboarán, mercando o correspondente ticket na Secretaría do Centro,  no momento de anotarse para comer.

Enténdese por comensal fixo aquel que fai uso do comedor desde outubro ata maio (ámbolos dous inclusive). Se algún alumno/a causa baixa un mes no servizo de comedor e despois quere volver a incorporarse, terá que aboar o seu custo como eventual (6 €/día)

No custo deste servizo inclúese a comida e a vixilancia dos alumnos/as que fan uso do comedor.

As comidas son preparadas na cociña do propio Centro

Aos alumnos/as fixos de comedor enviaráselles o correspondente menú a través de TokApp. 

Os alumnos/as de E. Infantil que fan uso do comedor son acompañados por varias persoas adultas desde a súa clase ata o comedor.

Cando un alumno/a teña un problema alimenticio puntual, só se lle cambiará o menú se os pais o notifican por escrito a través da Axenda Escolar.