PROXECTO “COÑECE ESPAÑA”

       Os alumnos/as de 5º e 6º de Primaria seguirán a traballar no Proxecto que titulamos “Coñece España”.

       A idea xurdiu baseándonos no Proxecto da Xunta “Escolas Viaxeiras”.

1.       Todos os nenos/as de 5º e 6º Primaria  participan no Proxecto “Coñece España” no que se traballa  en equipos. Cada equipo está formado por 3 alumnos/as que desenvolven o coñecemento dunha Comunidade Autónoma.

2.       O traballo está supervisado por 4 profesores sendo un deles o seu profesor de Coñecemento do Medio.

3.       Cada día, o traballo é reforzado con puntos. Valórase individualmente o traballo, o comportamento e a responsabilidade. Os 15 que acaden maior número de puntos no momento de facer a solicitude serán aqueles que participarán nas  “Escolas Viaxeiras”. 

4.       Ao final do curso repárteselles unha enquisa aos nenos/as para coñece-las súas impresións.

Tense solicitado a participación no Proxecto “Escolas Viaxeiras” da Xunta, e 15 nenos/as de 6º de Primaria do noso Centro conseguiron “a desexada viaxe”. Foron á Comunidade Valenciana acompañados pola profesora de Coñecemento do Medio. Alí compartiron experiencias inesquecibles con outros dous colexios: un de Huelva e outro da Rioxa.

No curso 03/04 comezaron a traballar no mesmo programa os alumnos/as de 4º de E. Primaria cunha variante nomeada "Coñece Galicia".

No curso 04/05 os alumnos/as de 6º de E. Primaria acadaron de novo a viaxe organizada pola Xunta de Galicia dentro do Programa Escolas Viaxeiras. 15 alumnos/as do noso Centro desfrutaron, ao longo dunha semana, do 11 ao 18 de outubro, dunha viaxe á Comunidade Catalana na compaña dun colexio de Cidade Real e outro de León.

No curso 08/09, do 13 ao 19 de outubro, os alumnos/as de 5º de Primaria desfrutaron dunha viaxe á Comunidade de Madrid na compaña dun colexio de Canarias e outro de Cataluña.