“FALEMOS INGLÉS”

           No curso 01/02, comezouse a  traballar con este novidoso Proxecto na Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria e dados os bos resultados amosados polos nenos/as na clase e a boa acollida que o Proxecto tivo entre as familias, no curso 02/03, decidiuse amplialo a outros niveis, implantándose en toda  a E. Infantil e E. Primaria.

O Proxecto consiste en que os nenos/as escoitan e falan en inglés unha hora á semana cun profesor nativo.

    Os obxectivos que nos plantexamos son que sexan quen de:

 1.   Entender e comprender mensaxes adaptadas ao seu currículo.

2.    Expresarse oralmente.

3.    Asocia-las mensaxes á grafía correspondente (nas clases de inglés escrito).

     Consideramos que é moi importante que os nenos/as comecen canto antes a escoitar e a falar inglés, para evitar que collan medo ao ridículo, e o fagan dun xeito natural. 

       Esta iniciativa vése apoiada pola realidade que un neno/a sempre comeza a falar antes que a escribir, e isto pretendémolo aproveitar tamén para a aprendizaxe do idioma estranxeiro.

       Nos últimos 7 cursos os resultados foron case sempre do 100% de aprobados, acadando na súa parte oral a cualificación de excepcional.

    No curso 14/15 graduáronse un total de 100 alumnos/as; 1 de cada 4 alumnos/as do Centro obtiveron a súa Certificación.

    Ana Doval, alumna da 4º de ESO obten a Beca High School para EEUU.   

    No Concurso internacional "The Big Challenge", os nosos alumnos/as teñen acadado xa o 1º posto nacional en máis dunha ocasión.  

    No Prestixioso concurso de deletreo en Inglés "Spelling Bee" levamos dous cursos consecutivos obtendo o 2º posto competindo con máis de 60 centros da provincia.

       No curso 15/16 obtemos un 100% de aprobados cuns resultados excelentes ao obter un 66% deles unha nota con PASS WITH MERIT ou PASS WITH DISTINCION.