GABINETE PSICOPEDAGÓXICO
A Orientación Educativa contribúe en gran medida á mellora da Calidade do ensino. É un dereito do alumno/a que debe concretarse nun conxunto de servizos e actividades que, postas á súa disposición, deben axudarlle a mellorar na súa escolaridade e a integrarse correctamente na Comunidade Educativa.
O Departamento de Orientación está formado por Dona Diana Campos Arcéiz, Psicopedagoga e Mestra especialista en Audición e Linguaxe, e Dona Ana María Dacuña Carrera, Mestra especialista en Audición e Linguaxe e Pedagoxía Terapéutica.
As funcións do Departamento de Orientación no Centro son as seguintes:
Colaborar na prevención e pronta detección de dificultades ou problemas educativos, de desenvolvemento persoal e de aprendizaxe que presenten os alumnos/as, e a axeitada intervención para tratar de solventalos.
Colaborar na Orientación Escolar e Profesional individualizada dos alumnos/as, favorecendo procesos de decisión e madurez vocacional.
Realizar, no seu caso, a avaliación psicolóxica e pedagóxica dos alumnos/as e orienta-la escolarización daqueles que presenten necesidades educativas especiais ao comezo de cada Etapa Educativa.
O Plan de Actuación do noso Departamento contempla os seguintes obxectivos para este curso:
A nivel de Centro:
Coordina-las tarefas de apoio que están a realiza-los alumnos/as con dificultades de aprendizaxe.
Coordina-las tarefas de atención á diversidade.
Asesorar tecnicamente en cuestións de adaptacións curriculares, intervención psicopedagóxica e programas de desenvolvemento grupal e individual.
Coordinar as actividades de atención a alumnos con Flexibilización escolar e/ou Sobredotación.
Traballo directo, unha hora á semana, cos grupos desde 3º de Primaria ata 4º ESO en Técnicas de Estudo, Valores, Hábitos de Vida Saudable e Habilidades Sociais.
Promover a cooperación entre o Centro e as Familias para unha maior eficacia e coherencia na educación do alumnado.
Apoiar aos titores/as na aplicación do Plan de Acción Titorial.
Asegurar a conexión do Centro co entrono: equipos específicos, asistencia social,…
Informar aos titores/as do material psicopedagóxico dispoñible para o seu traballo.
A nivel individual:
Entrevistas individuais cos pais/nais que o soliciten ou que sexan consideradas necesarias polo titor/a, axudándolles diante do posible fracaso escolar dos seus fillos/as e procurando unha valoración máis global e unha actitude máis activa e responsable diante da situación.
Entrevistas individuais cos alumnos/as cando sexan precisas.
Analizar, co resto do profesorado, as dificultades escolares dos alumnos/as debidas ás deficiencias instrumentais, problemas de integración e buscar, se procede, os consellos e apoios necesarios.
Traballo directo con aqueles alumnos/as que precisen dun reforzo na lecto-escritura.
Traballar, a nivel individual e de grupo, con aqueles alumnos/as que o precisen.
Traballar individualmente cos nenos/as que necesitan unha formación específica en Técnicas Instrumentais Básicas (atención, concentración, memoria,...)
A nivel Familia:
Cooperar na relación titores/as-familias na solución de problemas que afecten aos seus fillos/as.
Orientar ás familias de xeito individual ou colectivo para que asuman de xeito responsable a educación e orientación dos seus fillos/as.