HÁBITOS E VALORES NA EDUCACIÓN PRIMARIA

Dentro dos Proxectos que estamos a realizar segundo o Modelo de Calidade EFQM, no curso 02/03, comezamos a desenvolve-lo Proxecto de Hábitos e Valores na Educación Primaria, dándolle deste xeito continuidade ao Proxecto iniciado na E. Infantil.

Neste Proxecto tratamos de fomentar nos nosos alumnos/as os Hábitos e Valores propios de persoas íntegras e responsables.

Os obxectivos propostos son:

          Mellora-la Formación Humana dos nosos alumnos/as.

           Adquisición de bos Hábitos e Valores.

        Participación Familiar.

        Dar protagonismo ás boas Actitudes dos nosos alumnos/as.

       Concienciación e sensibilización dos problemas Medioambientais participando activamente na súa protección e mellora.

 

O Proxecto consiste en traballar diariamente nas aulas Hábitos e Valores referidos a catro bloques de contidos:

1.     Puntualidade.

2.     Orde e Limpeza.

3.     Compañeirismo.

4.     Medio Ambiente.

 Cada mes trabállanse catro contidos referidos a ditos  bloques, entregándose diplomas dos hábitos acadados nas  áreas de Puntualidade e Orde e Limpeza.

Tamén  se expoñen nun panel informativo os logros acadados polos alumnos/as nos contidos de Compañeirismo e os  traballados na  área de Medio Ambiente.

Como remate, valórase e prémiase cun agasallo aos alumnos/as que conseguen remata-la cartilla de puntos nos contidos de Orde e Limpeza.

Faise unha avaliación por cada contido traballado cada mes na aula, enviando un tríptico informativo ao principio do curso, ás familias, expoñéndolles os Hábitos a traballar  e solicitándolles o envío de suxestións e comentarios a través da Axenda Escolar.

Tamén  se solicita a colaboración das familias para realizar unha enquisa sobre o Proxecto na que tamén se aportan opinións sobre o mesmo.

Este Proxecto foi gañador do Premio a "Las Mejores Prácticas Educativas" outorgado polo MECD.