Esta oferta educativa non afectou só aos alumnos/as de Ponteareas senón que foron moitísimos os que  a diario viñan desde Arbo, As Neves, Salvaterra, Xinzo  e outras zonas limítrofes a Ponteareas; outros pertencentes a zonas de Vigo, Baiona, Cambados, Sanxenxo, Vilagarcía, Fornelos de Montes, Ourense, Ribadavia,... que facían uso do servizo de internado ofertado tamén polo propio Centro. 

       Foron anos aqueles nos que moitos dos galegos se viron na obriga de emigrar a países fundamentalmente europeos e como consecuencia precisaban dun lugar onde os seus fillos estivesen protexidos e que ao mesmo tempo puideran cursar uns estudos e obter unha formación para o futuro. Naqueles anos, o número de alumnos internos do Centro chegou a 140 e que, a día de hoxe, moitos seguen a manifestar que foron os máis felices das súas vidas, os dos mellores recordos. 

       Como os alumnos ían aumentando, facíase necesaria a dotación de máis e mellores espazos para a docencia así como para a práctica deportiva. Todo isto, pouco a pouco e ano tras ano foise acadando. 

       A día de hoxe podemos falar de: 

        Un Centro cunha superficie de 9.800 m2 con catro edificios adicados á docencia e que acolle as diferentes dependencias: 

  • 26 aulas.

  • Pizarra Dixital en 19 aulas.

  • 6 Aulas Abalar. (o máximo ao que se pode optar)

  • Salas de Medios Audiovisuais ( vídeos, DVD, Proxectores ).

  • Laboratorios de Física e Ciencias.

  • Aula de Tecnoloxía, Debuxo, Música, Psicomotricidade, Ximnasio, Biblioteca, Sala de Profesores, Sala de Xuntas, Despachos, Cociña propia e Comedor Escolar con capacidade para 200 alumnos/as. 

    A nivel pedagóxico, está en continua innovación; boa proba disto é que desde fai uns anos estase a traballar na implantación do Modelo Europeo de Calidade baseado na Mellora Continua (Modelo EFQM de Calidade Total) para o que contamos co asesoramento e apoio do Instituto de Técnicas Educativas da CECE e o Clube Xestión de Calidade así como co asesoramento e colaboración da Xunta de Galicia.