Todo o acadado é froito do esforzo dunha empresa, que neste caso, podemos dicir que foi e é familiar. 

      Os irmáns Benigno e Valentín Domingo Bastardo, xunto ás súas respectivas mulleres, Paquita Hernández e Pilar García adicaron moitos anos das súas vidas a loitar para que este Centro puidera ofrecer máis e mellor calidade aos seus alumnos/as. 

      Para Ponteareas, ao igual que a súa bisbarra, esta traxectoria educativa é motivo de orgullo e como tal así lle foi recoñecido con data 6 de xuño de 1994 polos membros do Ilmo. Concello de Ponteareas outorgando ao "Colexio Santiago Apóstol" a Medalla de Prata do Municipio polos méritos contraídos co seu exemplar labor educativo a prol dos veciños da Vila e do Concello de Ponteareas. 

 

      Na actualidade oferta estudos de Educación Infantil, E. Primaria e Secundaria Obrigatoria; todas coa Clasificación Definitiva e que son impartidas por un total de 32 profesores coa debida titulación e especialidade, adaptándose progresivamente aos diferentes trocos esixidos por cada unha das Leis Educativas polas que xa pasou desde a súa creación.  

       O actual Equipo Directivo está constituído por Gregorio Amoedo Troncoso quen exerce a Dirección do Centro, José Manuel Davila Peleteiro, sobre quen recae a Xefatura de Estudos, e Noémy Amoedo Amoedo quen exerce a función de Secretaria. Curiosamente, os tres comparten ademais teren sido, no seu día, alumnos/as do colexio.

         Froito deste traballo son: o Premio Nacional ás Mellores Prácticas Educativas, acadado polo Centro o día 18 de decembro de 2003, o Premio Provincial acadado o 5 de xuño de 2004 polo Proxecto "Traballando Hábitos e Valores na Educación Ambiental" e o Premio Nacional do concurso Coca-Cola acadado no curso 05/06.

Como outro gran logro, podemos contar o de acadar a autorización de dobre liña para todas as Etapas Educativas que se imparten no  Centro.

No curso 07/08 acadamos o Premio Galicia do Programa Voz Natura competindo con 360 centros educativos da nosa Comunidade.

No curso 08/09  acadamos o nivel de 300+ no modelo EFQM de Excelencia. Fomos o primeiro centro da nosa Comunidade en acadar este recoñecemento; na actualidade, tan só 38 centros en toda España o teñen acadado.

No curso 10/11  somos o único centro piloto, da rede concertada, na implantación do Proxecto ABALAR. Participamos con 3 aulas unha de 5º de Primaria e 2 de 1º de ESO. Este ambicioso proxecto da Xunta de Galicia centra toda a súa atención en aplicar as novas tecnoloxías á educación.

Neste mesmo curso somos declarado Centro Plurilingüe, polo que os alumnos de 1º de Primaria estudan en Inglés ás materias de Science e Arts

No curso 11/12 ampliamos o número de aulas Abalar a 6, abranguendo tamén os niveis de 6º de Primaria e 2º de ESO. Ampliamos tamén os cursos que participan no Proxecto de Plurilingüismo; participan este ano 1º e 2º de Primaria.

No curso 11/12 comezamos a facer efectiva a dobre liña en Educación Infantil. Neste curso ofertamos 50 prazas para o nivel de E. Infantil 3 anos.

No curso 13/14 outórgasenos o Premio Concello de Ponteareas 2013 á labor social.

         

No curso 15/16 incorpóranse, os alumnos de 6º de Primaria, ao Proxecto Plurilingüe.(Toda a E Primaria está xa no Proxecto Plurilingüe)

No curso 16/17 inícianse as Seccións Bilingües en ESO, na materia de Educación Plástica, Visual e Audiovisual.