AVALIACIÓN DOS PROCESOS DE APRENDIZAXE 18-19

     Os procesos de aprendizaxe terán un carácter continuo con controis por tema e con tres avaliacións.

        As datas das avaliacións son as que se detallan:

  • 1ª Avaliación         21 de decembro.
  • 2ª Avaliación         29 de marzo.
  • 3ª Avaliación         25 de xuño.

   Nestas datas os seus fillos/as deberán entregarlle os boletíns de notas que teñen que ser asinados e devoltos ao titor/a correspondente.

   A metade da avaliación faremos unha preavaliación que irá reflectida na Axenda Escolar e que será unha orientación do traballo desenvolvido polo alumno/a ata ese momento.