AS PROFESORAS  DE EDUCACIÓN INFANTIL INFORMAN

A Educación Infantil é unha das Etapas máis importantes e de maior trascendencia na vida do voso fillo/a, por este motivo paga a pena implicarse para que todo o proceso saia o mellor posible, formando deste xeito unha familia que axudará ao alumno/a a consegui-los obxectivos propostos.

As pautas que debedes seguir para unha mellor coordinación e organización son:

<      No caso de enfermidade contaxiosa, debedes comunicalo telefonicamente á Dirección do Centro e non trae-lo neno/a ao Colexio.

<      Debedes comunicar a través da Axenda Escolar, telefonicamente ou directamente á profesora se o voso fillo vai ser recollido por unha persoa distinta  da habitual.

<      Os alumnos de Infantil-3 deben traer ao cole unha muda completa e un chándal por se se mollan ou se lixan.

<      Todas as prendas deben estar marcadas co nome e apelido para evitar posibles perdas ou trocos.

<      O mandilón e o abrigo deben ter unha cinta para poderen colgalos.

<      Non deben traer cadeas, pulseiras nin aneis.

<      Para a hora do recreo, aconsellamos un batido, zume ou galletas. Por favor non lles mandedes lambetadas.

 <     As saídas do Centro para a participación en actividades escolares faranse sempre previa autorización a través da Axenda Escolar.

<      Debedes esixirlles, aos vosos fillos/as, responsabilidades axeitadas á súa idade. Axudádeo no que precise sen sobreprotexerlo.

<      Procurade que na casa adquira os hábitos mínimos: ir ao servizo só, vestirse, orde e aseo persoal.

<      No caso de que un alumno/a se atope indisposto, chamarase á familia e actuarase en consonancia coa decisión acordada.

<      No caso de accidente escolar actuarase do mesmo xeito. No caso de urxencia médica, e non localizar á familia, trasladarase o alumno/a ao Centro médico concertado polo seguro escolar. (Clínica San Miguel - Ponteareas)

<      Se un alumno/a ten que tomar un medicamento en horario escolar, comunicaráselle á titora, por escrito a través da Axenda Escolar. Nunca deixedes o medicamento nas mans do alumno/a.

<      Cando o alumno celebre o seu cumpreanos no cole, aconsellamos modera-la cantidade de lambetadas coas que se agasalla. Hai outras posibilidades.

<      No outono e na primavera é máis habitual a aparición de piollos. A Consellería de Sanidade recomenda extrema-la precaución en canto a hixiene e vixilancia do cabelo.

                                                                            Un saúdo. As Profes de Educación Infantil.