RESPECTO AO ALUMNADO: 

·        Adquiri-los Hábitos de Traballo e Estudo, así como os coñecementos necesarios para aplicalos, con espírito crítico e creativo aos diferentes ámbitos científicos, técnicos e humanos. 

·        Levar a cabo unha Educación Personalizada a través dun Equipo de Orientación Psicopedagóxica. 

·        Desenvolve-la capacidade de Autonomía, de Autoestima, e potencia-la capacidade de participación na vida escolar, cultural e social. 

·        Fomentar unha Educación en Valores, desde un enfoque cristián, e sobre os principios democráticos de convivencia e tradicións da nosa cultura galega. 

·        Facilita-la súa incorporación á vida laboral, social ou a unha educación posterior, mediante unha boa formación e Orientación Académica Profesional.