REVISTA ESCOLAR

               No curso escolar 02/03 nace a nosa Revista Escolar "O CANASTRO" que pretende ser o escaparate no que o Colexio dea a coñece-los traballos elaborados polos alumnos/as ao longo do curso.

            Para elixir o nome desta publicación, fixemos un concurso entre os nosos alumnos/as dándolles unha soa premisa; que o nome fose en galego.

            De entre todos os presentados, quedámonos con este xa que, segundo palabras da súa autora "NOÉMY AMOEDO AMOEDO"; "o Canastro é algo típico da Nosa Terra e ao mesmo tempo é onde se garda a colleita de todo un duro ano de traballo; o mesmo que se pretende facer coa revista".

            A Revista Escolar é elaborada, por un grupo de Profesores, que ao longo de todo o ano van seleccionando os mellores traballos dos alumnos/as e as mellores fotos da súa elaboración, así como as das conmemoracións celebradas no Centro. A finais de curso, con todo este material, faise unha derradeira selección e confecciónase a Revista.