RESPECTO Á XESTIÓN DO CENTRO:

Promove-la implantación do Modelo E.F.Q.M. de Excelencia como instrumento de autoavaliación que garanta un sistema de Mellora Continua.

Para acadar esta Visión, é primordial ter en conta os seguintes aspectos:
  • Reduci-los índices de fracaso escolar.
  • Impulsa-la atención personalizada cos alumnos e as súas familias.
  • Implicar máis a  toda a Comunidade Escolar nos planos de mellora do Centro. É moi  importante que haxa unha participación activa.
  • Mellora-la comunicación interna e externa do Centro, e impulsa-las relacións co entorno empresarial da zona mediante máis Actividades Extraescolares.
  • Incorpora-los avances que se producen no noso entorno. Un requisito esencial é a habilidade de levar ao seu fin a tarefa profesional facendo uso das Novas Tecnoloxías ( o ordenador, Internet,..), por iso teñen que estar presentes como un elemento máis do proceso de  aprendizaxe. De feito, o noso colexio comezou xa a traballar nesta liña (traballa-las Matemáticas no ordenador, reforzo en Lingua Castelá, Lingua Inglesa, Tecnoloxía, ...). 

  • Adecua-los programas do Proxecto Educativo a estas Novas Tecnoloxías e mellora-las instalacións do Centro.

  • Optimiza-la formación do profesorado cara a estas novas necesidades e á Reforma Educativa.

  • Fomenta-la investigación e a innovación nos ámbitos curricular, metodolóxico, tecnolóxico, didáctico e organizativo, como  tamén na titoría e na orientación dos nosos alumnos nos campos psicopedagóxico e profesional.